Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

Esquerda Unida Federal esixe o peche da planta de gas de Reganosa, na ría de Ferrol



Adolfo Barrena, responsable de Enerxía e Sustentabilidade de EU e Yolanda Díaz, coordinadora xeral de IU-EU, denuncian que as "reiteradas ilegalidades no funcionamento desta instalación están servindo para os intereses políticos de Núñez Feijoo e os económicos de Gas Natural".

Esquerda Unida Federal, do mesmo xeito que a súa federación Esquerda Unida de Galicia, esixe o peche da planta de gas de Reganosa (Ría de Ferrol) próxima á poboación coruñesa de Mugardos e pide responsabilidades ao Goberno da Xunta pola "permisividad que demostra cunha instalación que non cumpre coa legalidade nin coa seguridade exixible a instalacións deste tipo".

Adolfo Barrena, responsable federal de Enerxía e Sustentabilidade de Esquerda Unida, trasladou a Yolanda Díaz, coordinadora xeral de Esquerda Unida de Galicia, o "total e absoluto respaldo ás iniciativas que está desenvolvendo a nosa formación en Galicia e no Parlamento Europeo para conseguir o peche desta planta".

Yolanda Díaz denuncia que "desde unha completa ilegalidade estase servindo claramente aos intereses políticos do presidente Núñez Feijoo, pero tamén aos intereses económicos de Gas Natural, que busca a rendibilidade da operación de compra do 21% do accionariado de Unión Fenosa".

Pola súa banda, Adolfo Barrena destaca que "a planta de Reganosa non cumpre cos requisitos legais necesarios, non pasou os trámites preceptivos de avaliación de impacto ambiental, serve ao negocio especulativo e, desde sempre, estivo rodeada de polémica. Entre outras cuestións, non se asegurou o proceso de información pública que require o Convenio de Aarhus sobre participación cidadá e social en instalacións impactantes para o medio ambiente".

Esquerda Unida denuncia, igualmente, o risco continuo ao que se ve sometida a cidadanía de Mugardos e outras poboacións da zona da Ría de Ferrol polas dificultades que os barcos transportadores de gas deben superar para poder chegar á planta e desembarcar os miles de toneladas de gas que transportan. "Temos censados decenas de incidentes polos graves problemas de entrada á ría e de riscos asumidos polos cargueiros nos máis de dous anos de funcionamento de Reganosa", advirte Yolanda Díaz.

Por todo iso, Izquierda Unida-Esquerda Unida (IU-EU) presentou unha ampliación da denuncia en contra da planta de Reganosa que esta previsto que se aborde hoxe nunha reunión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

"Imos presentar -detalla Barrena-, en coordinación co noso europarlamentario, Willy Meyer, un novo documento no que se inclúen os datos do funcionamento da planta desde que foi autorizada en novembro do ano 2007".

Desta forma, segue adiante a petición ante a Unión Europea de que se peche esta instalación gasística, que IU-EU sostén que está "situada ilegalmente e que non é viable economicamente como demostraría a súa baixa eficacia e rendemento". Entre a nova documentación en poder de IU-EU destácase que unha decena de barcos "gaseiros" tiveron que abortar a súa entrada na ría debido ás condicións meteorolóxicas, o que demostra "o risco que supón a localización de Reganosa no interior da ría e a menos de dous quilómetros de distancia dos núcleos habitados".

"Esquerda Unida -conclúe Adolfo Barrena- incidirá entre os seus argumentos para expor o peche desta instalacións no perigo que supón a entrada de barcos cargados con ata 140.000 metros cúbicos de gas natural e o incumprimento das normas de seguridade, ademais da destrución do ecosistema da ría".

Martes, 23 de Feb de 2010

Fonte: http://www.iubenalmadena.com/2010/02/iu-exige-cierre-de-la-planta-de.html
______________________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário