Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

domingo, 21 de fevereiro de 2010

A Comisión de Peticións do PE, vai tratar a Petición N° 1322/2007 sobre a planta regasificadora de Reganosa, este Martes 23 de Febreiro de 2010

O vindeiro Martes 23 de Febreiro de 2010 a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, vai retomar o asunto da Petición N° 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confradía de Pescadores de Ferrol. Esta Petición fora formulada en Novembro de 2007, mais admitida a trámite o 7 de Maio de 2009.

A Comisión de Peticións pideu á Comisión Europea que facilitara información (artígo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo) e esta respostou o pasado 25 de Setembro de 2009, cun Informe con proposta de resolución que a Comisión de Peticións transcribeu nun documento en forma de "COMUNICACIÓN AOS MEMBROS" [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/documents/peti/cm/742/742551/742551es.pdf], para tratar no Plenario da Comisión de Peticións. Nun principio o asunto ía-se tratar no Plenario celebrado os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009, máis quedou adiado para o seguinte Plenario a celebrar o 27 Xaneiro de 2010, mais xa non figuraba no Documento de Traballo para o citado Plenario, polo que quedou adiado o asunto para o seguinte que se vai celebrar, en Bruxelas, o xa citado 23 de Febreiro, asunto que figura no ponto 10 da orde do día e referencia 429.587 CM [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20100127_1500.htm].

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no mes de Xaneiro deste 2010, para preparar unha ampliación argumental e documental á Petición N° 1322/2007, tendo como referencia a reunión de Xaneiro, preparou un documento que posteriormente revisou ao coñecer-se que non se ía tratar o asunto na reunión do Plenario da Comisión de Peticións do citado Xaneiro, documento de ampliación que foi revisado polos servizos xurídicos do Comité Cidadán e xa rexistrados na Comisión de Peticións.

Nun principio estaba prevista a comparecencia de varios membros do Comité Cidadán na reunión do Plenario da Comisión de Peticións, mais á hora de redactar este escrito non hai confirmación oficial da mesma.

Por outra banda Esquerda Unida xa anunciou publicamente que tamén ía presentar unha ampliación de documentación.

Nota.-
Nas póximas horas ampliaremos a información
____________________

Relacionadas:

Accións contra Reganosa nas institucións europeas: Esquerda Unida ampliará nestes días a súa denuncia contra a planta de gas diante da Comisión de peticións do Parlamento Europeo

Accións contra Reganosa nas institucións europeas: Por qué mentiron os medios de comunicación dun xeito tan xeneralizado ?
___________________________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário